Thursday 09 de May de 2024

O Concello promove o XXIII Encontro de Música no Nadal, no que participan dez corais dos centros cívicos municipais


O evento terá lugar o martes 19 de decembro (17.00 horas) no Centro Sociocultural Ágora. As invitacións poderán recollerse desde este luns 18, no Ágora, e o mesmo día do concerto, pola mañá

Ademais, mañá volven as Panxoliñas de Nadal a María Pita. Agrupacións como o Orfeón Herculino, Eidos e Follas Novas, entre moitas máis, serán as protagonistas das actuacións previstas ata o día 30

O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, reforza a programación cultural de Nadal con vistas a estas datas festivas, nas que cobrarán protagonismo as corais dos Centros Cívicos Municipais.

Neste sentido, este martes 19 de decembro está prevista o desenvolvemento do XXIII Encontro de Música no Nadal, no que participarán as agrupacións Airiños de San Fernando (CCM de Feáns), a Polifónica de Breogán, Arumes (CCM de Monte Alto), Saraiba (CCM dos Mallos), a Polifónica das Casas do Mar, a coral do CCM do Castrillón, a coral do Club del Mar de San Amaro, os Cantores do CCM de San Diego, a coral Canciones de Nuestra Vida, e a Allegro Ma Non Troppo (CCM de Monelos).

A actuación terá lugar ás 17.00 horas no Centro Sociocultural Ágora e a entrada é gratuíta, previa retirada de convite. As invitacións poderán recollerse no Ágora este luns 18 e tamén o mesmo día de concerto, o martes 19, pola mañá.

“Todas as asociacións e corais que participan nesta iniciativa forman parte do noso tecidocultural e, en definitiva, do patrimonio e identidade da nosa cidade. E nestas datas tanespeciais, é fundamental achegar a súa tradición artística á cidadanía, contribuíndo á súa visibilización”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey.

Este luns 18 comezan as Panxoliñas de Nadal en María Pita
Ademais, desde mañá, luns 18, e ata o día 30, a cidadanía poderá gozar na praza de María Pita coas clásicas Panxoliñas de Nadal, protagonizadas polas principais corais e agrupacións folclóricas da Coruña e a súa contorna.

O calendario das Panxoliñas de Nadal, coas datas e horarios xa confirmados, é o seguinte:

Luns 18 de decembro
● 19.30: Asociación Cultural de Ciegos y Deficientes Visuales de A Coruña
● 20.30: Canta Campaña

Martes 19 de decembro
● 19:30: Coral La Antigua
● 20.30: Eidos

Mércores 20 de decembro
● 19:30: Orfeón de Arteixo
● 20.30: Canticorum

Xoves 21 de decembro
● 19.30: Coral Casa del Mar
● 20.30: Eidos

Venres 22 de decembro
● 19.30: Orfeón Herculino
● 20.30: Follas Novas

Sábado 23 de decembro
● 19.30: Albéniz

● 20.30: Ludus Tonalis

Martes 26 de decembro
● 20.30: Orfeón Herculino

Mércores 27 de decembro
● 19.30: Sagrada Familia
● 20.30: Sancta María Maris

Xoves 28 de decembro
● 19.30: El Acorde Secreto
● 20.30: Entrelas

Venres 29 de decembro
● 19.30: Emilia Pardo Bazán
● 20.30: Eidos

Sábado 30 de decembro
● 19.30: La Trova
● 20.30: Eidos